jueves, 5 de mayo de 2011

Postales de Europa

O día 25 de marzo do 2011 decidimos comezar unha viaxe que nos levaría polas máis importantes cidades da Unión Europea, é dicir, as cidades que teñen máis de un millón de habitantes. Estaremos dúas noites en cada cidade destas, percorrendo como máximo 800km por día, polo que tivemos que facer algunhas paradas técnicas para descansar.
Comezamos a nosa viaxe en Santiago de Compostela, partindo cara Madrid en coche, e percorrendo 600km, un traxecto que nos levaría 6h e 2 minutos a través da A52 e da A6, e  nos custaría 68’49€ en gasolina.
En Madrid aloxámonos nun hostal chamado United World International Hostel, que nos custaría 9,90€ por noite e persoa. Nesta cidade decidimos visitar o Museo do Prado, o Palacio Real e unha bonita rúa, a Gran Vía.
            Dous días despois de cegar a Madrid, o día 27 de marzo, saímos de Madrid a Barcelona, un traxecto que fixemos en coche no que percorremos 618km e que nos levou 6 horas e 9 minutos polas estradas A2 e AP2. Gastamos 70,85€ en gasolina.
En Barcelona aloxámonos nun hostal chamado Barcelona Youth Hostel, no que por ser dúas persoas e hospedarnos dúas noites pagamos 46,56€. En Barcelona tivemos ocasión de ver tres lugares moi interesantes: o Parque Güell, a Sagrada Familia e o Barrio Gótico.
            O día 29 de marzo partimos cara París, tendo que facer unha parada técnica en Lyon, xa que hai 1034km.
Desde Barcelona a Lyon percorremos 639km en 5h e 19 minutos, a través das estradas A9 e A7 e gastando 72,99km en gasolina. Aloxámonos unha noite no Hotel Alexandra, que nos custou 26€ a cada unha.
Ao día seguinte, o día 30 de marzo, saímos de Lyon a París, un traxecto de 4h e 15 minutos no que percorremos 464km pola A6 e no que gastamos 62,35€ en gasolina..
En París aloxámonos no Friend’s Hotel, que nos custou 13’50€ cada noite a cada unha.
Nesta bonita cidade visitamos a Torre Eiffel, o Museo do Louvre e a catedral de Notre Dâme.
            O día 1 de abril partimos de París cara Londres a través da A1, tendo que percorrer 456km en 5h e 25min e gastando 61,30€ en gasolina.
Aloxámonos nun hotel chamado Clink 78, polo cal pagamos 13,67€ por persoa e noite.
Na capital de Inglaterra visitamos a Westminster Abbey e o Big Ben, o palacio de Buckingham e o British Museum.
            O día 3 de abril collemos o coche para dirixirnos a Birmingham a través das estradas coñecidas como M1 e M6, percorrendo un traxecto de 2h e 13 minutos e 189,902km, e pagando pola gasolina 24.91€.
Hospedémonos nun hostal chamado Central Backpackers, no que pagamos 14,23€ por noite e persoa.
En Birmingham visitamos o Birmingham Back to Backs, o Shakespeare Express e o Aston Hall.
            Dous días despois, o día 5 de abril, partimos de Birmingham a Dublín, pola M6 e a A55, percorrendo 400,726km en 5h e 5min e gastando 59,21€ en gasolina, para despois coller un ferry no que trasladamos tamén o coche e que nos custou 442€ ás dúas ida e volta coa compañía Holyhead.
En Dublín aloxámonos no Isaacs Hostel, no que pagamos 12€ por noite cada unha.
Visitamos o Castelo de Dublín, a Catedral de San Patricio e o Almacén de Guiness.
            O día 7 do mesmo mes saímos de Dublín cara Frankfort, trasladándonos primeiro utilizando a volta do ferry Holyhead. Despois trasladámonos a Londres, un traxecto de 450,616km en 5h e 6 minutos e gastando 60,21€ en gasolina.
Facemos unha parada técnica en Londres, onde nos volvemos a aloxar no hostal Clink 78, pagando 13,67€ cada unha por noite.
Así, ao día seguinte, trasladémonos de Londres a Folkstone no coche, gastando 14,69€ en gasolina, para coller o ferry que nos levará hasta Calais, en Francia. Este ferry custaranos 279€ ás dúas.
Ao chegar a Calais collemos outra vez o coche, para dirixirnos xa a Alemania, en concreto a Frankfurt. Percorremos 604km en 5h e 41min e gastamos 81,14€ en gasolina.
            Unha vez en Frankfurt aloxámonos nun hotel chamado Meininger Frankfurt/Main Messe, polo cal pagamos 15€ por noite cada unha. Visitamos nesta cidade a Catedral Imperial ou Kasedom, o Römer e o Römerberg e a Igrexa de San Pablo.
            O día 10 de abril saímos de Frankfurt para dirixirnos a Munich, a través das estradas A3 e E45e empregando 3h e 47 minutos percorremos 393kilómetros, pagando 53,31€ en gasolina.
Unha vez en Munich aloxámonos nun hotel chamado A&O München Hackerbrücker, polo cal pagamos 13€ cada unha por noite.
Visitamos nesta cidade alemana a Catedral de Nosa Señora de Munich, a Residencia de Munich ou Muchner Residenz e a Porta da Victora ou Siegestor.
            O día 12 de abril collemos o coche outra vez para chegar a Berlín, utilizando as estradas E45 e E51 e percorrendo 589km en 5h e 30 minutos e pagando 79,90€ pola gasolina.
En Berlín hospedémonos no hostal coñecido como Baxpax Kreuzberg Hostel, polo que pagamos 11€ por persoa e noite.
Visitamos nesta cidade o Muro de Berlín, o Reichstag e a Porta de Branderburgo.
            O día 14 de abril saímos de Berlín cara Hamburgo, nun traxecto de 2h e 47minutos, pola estrada A24, percorrendo 288km e gastando 38,90€ en gasolina.
Chegamos a Hamburgo, onde nos aloxamos no Kira Hostel, no que pagamos 12€ por persoa e noite.
Visitamos nesta cidade o monumento conmemorativo a Otto von Bismarck, a Igrexa de Santa María e o Cap San Diego.
            O día 16 de abril partimos para a última cidade que visitaremos, Copenhague, a través da estrada E41 e E55 nun tempo de 4h e 4minutos e percorrendo unha distancia de 334 kilómetros, pola que pagamos 45,24 € de gasolina. Cando cegamos a Puttgarden collemos o ferry da compañía Ferry Scandlines, que nos custará, co transporte de coche, 64€ ás dúas.
En Copenhague aloxámonos nun hotel chamado Sleep in Green, polo que pagamos 14€ por noite cada unha.
Visitamos a Koninklijke Bibliothek, o Rosenborg Casttle e a St. Aleksander Neusky Cherch.

            Finalizamos a nosa viaxe nesta cidade danesa xa que non tiñamos máis tempo para visitar outras cidades importantes da Unión Europea, como son Varsovia, Praga, Bucarest, Budapest, Sofía, Viena, Milán ou Roma.
            O gasto total da nosa viaxe supuxo uns 2104,64€ entre as dúas, é dicir, 1052,32€ que tivemos que aportar cada unha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario