jueves, 24 de marzo de 2011

NEGOCIO E AXUDA INTERNACIONAL: A QUEN BENEFICIA A CARIDADE?

        As axudas ó Terceiro Mundo é un tema de gran discusión, debido a que as grandes entidades como o FMI ou o Banco Mundial prefiren que se encarguen disto as empresas privadas. Tal é así, que incluso se lles mete presións ás grandes multinacionais senón teñen un plan social que axude ó seu desenvolvemento. De feito, o panorama actual demóstranos que as empresas privadas están a facer máis polo desenrolo económico destes países que os gobernos. Isto vémolo na Conferencia Internacional sobre a Financiación do Desenrolo que se celebrou en Monterry no 2002, onde os gobernos acordaron destinar un 0,7 % do seu PIB a estes países, pero no 2010 veuse como as duas primeiras potencias mundiais non destinaron máis do seu 0,2%.
        Pero a controversia vén dada ó analizar de qué maneira invirten estas empresas. Por unha parte, temos organizacións filantrópicas como a de Bill Gates e por outro lado relixiosas e demáis organizacións. Ímonos centrar nas organizacións filantrópicas.
        Este tipo de organizacións suscitan un innumerable número de críticas, debido a que por unha parte son o motor de desenrolo destas economías subdesenroladas, pero por outra parte, estas están motivadas por motivos propios, xa que nestes países é máis barata a man de obra e as lei de medio ambiente non están moi claras. Estas críticas suscitaron unha limpieza de cara ó público por parte destas empresas, que decidiron crear estas organizacións creando hospitais e demáis recursos necesarios para as zonas explotadas, como pode ser o caso de Coca-Cola que creou unha campaña para suministrar auga potable nas escolas de Kenia.
       Pero tamén hai outro caso que reúne todas estas características e do cal os seus consumidores están menos informado, e este é o caso dunha gran multionacional sueca, Ikea. Esta empresa nútrese de maquilas que se atopan repartidas por Asia: en Vietnam, Bangladesh e India. 
       Nelas, a maioría dos seus traballadores son mulleres xóvenes e solteiras, que traballan nunhas condicións deplorables e aínda por riba o seu salario é o mínimo establecido en cada país, cousa que non lles da case para vivir aínda facendo horas extras, o que pode chegar a ser para algúns unhas 70- 90 horas semanais, tendo un día libre á semana e perdendo de recibir o diñeiro diario si un día está enfermo, e incluso pode chegar a ter que pagar unha multa. Debido a este alto número de horas laborables, moitos dos traballadores durmen alí. Os homes perciben un salario maior ó das mulleres, e máis os que son da propia zona da fábrica.
       Aparte disto, os traballadores carecen de sindicatos e si os teñen, están formados por membros de Ikea e os traballadores non están informados deles. Estos sindicatos están permitidos debido á formación nos anos 90 tras acusacións de explotación infantil (os nenos estaban esposados ás máquinas), de Iway, que é un código de conducta a seguir polas fábricas de suministro. 

      Pero a parte desta explotación de traballadores, Ikea tamén ten un plan medioambiental bastante dudoso nestes países, nos que se adica a unha tala indiscriminada de árbores, e como decía anteriormente, Ikea tamén intentou lavar a súa imaxen con unha organización filantrópica que é INGKA, que se ocupa de temas sociais como a creacción de centros de chamadas de emergencia na India.
      Pero o problema é cando estas multinacionais van a deixar de aproveitarse dos países menos favorecidos para facer o seu negocio, e cando van a dar unhas condicións básicas a estos traballadores. Porque mentras que nesta beira do mundo compramos os seus productos ó que pensamos que é un baixo custo, na outra parte do mundo están a sufrir unha tremenda explotación para tratar de levarse algo que comer á boca. Pero este é un longo proceso que ten que empezar a cambiar cando os usuarios destes productos nos demos conta de todo o que están a facer estas empresas a causa da nosa obsesión compulsiva por comprar, porque como ben di o anuncio " No es más rico el que más tiene, si no el que menos necesita" e si podemos vivir sin eles.




Aquí deixo algúns enlaces que me serviron de gran axuda:

jueves, 10 de marzo de 2011

A LOITA POLA TERRA CULTIVABLE

Na actualidade estamos a sufrir un proceso de neocolonialismo agrario, onde os países ricos arréndalles ou cómpralles terreos agrícolas a aqueles países cun nivel de riqueza e desenrolo menor. Isto están a facelo sobretodo os países de Oriente. A excusa é a búsqueda de terras fértiles onde satisfacer as necesidades alimentarias da poboación, xa que coas suas terras non é posible autoabastecerse.Pero o que en realidade esconden é a búsqueda de outros materiais, ben sexa etanol, ou outros productos de minaría.
  Esta neocolonización están a sufrila países como Brasil, Uruguay, Cuba, México, Kazajstán, EUA, Sudán... As conscuencias son terribles, pois está ocasionando graves problemas de deforestación como é o caso da Amazonia en Brasil, e tamén está a sumir nunha grave crise ós agricultores que anteriormente cultivaban esas terras e incluso, pode chegar a acarrear unha grave crise nos agricultores do norte por conseguir uns productos a menor prezo que os deles.
  Neste caso, ímonos a centrar nun dos casos máis chamativos que é o de Arxentina. Alí, os inversores extranxeiros, aproveitaronse da súa vulnerabilidade por mor de sucesivos gobernos nefastos. Tal é así, que actualmente un 10% do territorio está en mans extranxeiras. Centrémonos no caso da compañía italiana Benneton.
 Todo comezou coa cesión do goberno arxentino no 1889 a 10 cidadáns ingleses de 90 000 hectáreas cada un. Con iso, crearon a CTSA ( Compañía Tierras Sud Argentina). No 1991 Benneton compraría esas terras para supostamente, críar ovellas para lá, o que sumarían unhas 970 000 hectáreas.
 Pero a realidade é moi diferente, pois para comenzar, a CTSA planta unhas 400 hectáreas por ano de pino, o cal está afectando ó equilibrio do territorio. Pero iso non é todo, porque Benneton aparte de críar ovellas, tamén se adica a vender diferentes recursos que se atopan nesas terras, como son o petróleo (polo cal recibiron só no 2001 máis de millón e medio de dólares) e tamén o ouro atopado nos ríos.
 Pero o peor é que esas terras estaban ocupadas por indíxenas, os cales ahora foron expulsados dalí. A principal tribu indíxena é a dos Mapuches, os cales xa foron expulsados duas veces, e incluso foron a xuízo con Benneton. Tal é a situación, que ata o nobel da paz arxentino Adolfo Pérez Esquivel, viaxou ata Roma para reunirse co dono da compañía. Tras esta reunión, decidiu donarlles 7 500 hectáreas en Piedra Parada, a uns 200 kilómetros das súas terras, e que por encima, eran improductivas,e os Mapuches rexeitáronas.
 Os Mapuches seguen coa súa loita polo seu, ó igual que está a acontecer en numerosos países, e de feito, algúns gobernos xa están a tomar medidas, como é o caso de Paraguay, pero o caso será saber cando se acabará este afán colonizador que tantos problemas acarreou no pasado e que ahora segue a facelo.

Aquí vos deixo un vídeo sobre os Mapuches e uns enlaces:
http://video.google.com/videoplay?docid=-7162747274553600170#
http://www.aporrea.org/internacionales/n91424.html
http://benetton.linefeed.org/